Os seguintes documentos serven de base para a realización dunha composición sobre a desamortización, que xunto con outras medidas (abolición do réxime señorial, desvinculación dos morgados...) conforman o que podemos considerar en conxunto a reforma agraria liberal. Os tres primeiros documentos explicitan o tipo de bens afectados por cada medida desamortizadora, expoñendo o primeiro deles os obxectivos que se pretenden acadar. Os dous últimos textos son valoracións do proceso desamortizador no seu conxunto feitas na época actual por historiadores, que deben axudarche a facer un balance do mesmo, pois o primeiro deles (Doc.4) céntrase nos resultados sociais da desamortización, mentres o segundo (Doc.5) atende sobre todo aos efectos financieiros e económicos.
Doc.1.-Desamortización de Mendizábal (1836):
“Señora: vender a masa de bens que viñeron ser propiedade da nación non é tan só cumprir unha promesa solemne e dar garantía positiva á débeda nacional por medio dunha amortización exactamente igual ao producto das rendas; é abrir unha fonte abundantísima de felicidade pública, vivificar unha riqueza morta, desobstruir as canles da industria e da circulación, apegar ao país polo amor natural e vehemente a todo o propio, anchear a patria, crear novos e firmes vínculos que liguen a ela; é, en fin, identificar co trono excelso a Isabel II, símbolo da orde e da liberdade (...), crear una copiosa familia de propietarios (...).
Art. 1. Quedan declarados en venda desde agora tódolos bens raíces de calquera clase que pertencesen ás comunidades e corporacións relixiosas extinguidas”.
Doc.2.-Desamortización de Espartero (1841):
“Art. 1. Tódalas propiedades do clero secular (...) son bens nacionais (...).
Art. 3. Decláranse en venda tódalas fincas, dereitos e accións do clero catedral, colexial, parroquial, fábricas das igrexas e confrarías”.
Doc.3.-Desamortización de Madoz (1855):
“Art. 1. Decláranse en estado de venda (...) tódolos predios rústicos e urbanos, censos e foros pertencentes:
Ó Estado. Ao clero. Ás Ordes Militares (...). Ás confrarías, obras pías e santuarios (...). Aos propios e comúns dos pobos. Á beneficencia. Á instrucción pública e calesquera outros pertencentes a mans mortas xa estean ou non mandados vender por leis anteriores”.
Doc.4.-O xurista e historiador Francisco Tomás y Valiente enxuíza así a desamortización:
“En suma: que a desamortización municipal se cadra non debeu facerse e que a de bens eclesiásticos e outras “mans mortas” non debeu facerse como se fixo. Pero toda a burguesía, mesmo a de esquerdas, quixo desamortizar, e por conseguinte a desamortización foi un feito consumado (...).
Tamén considero innegable que o sistema desamortizador preferible en función do logro duns beneficios xerais, non debeu ser o de Mendizábal e Madoz (isto é, o do partido progresista), senón o aconsellado no seu día por Flórez Estrada (...). Este era o único capaz de facilitar a creación dunha clase media rural de pequenos propietarios, coa que se estabilizaría no noso país o réxime liberal, e se enchería o baleiro entre o latifundista e o braceiro”.
Doc.5.-O historiador Josep Fontana exprésase do xeito seguinte:
“¿Para que serviu a desamortización? Desde o punto de vista do goberno a resposta é relativamente sinxela. Na etapa de Mendizábal, para salvalo da bancarrota e axudarlle a gañar a guerra civil. Na da chamada lei Madoz, para financiar a construcción da rede ferroviaria. Penso que a medida exacta en que estas vendas redundaron en proveito do Estado non debe minimizarse”
Composición.
Entendemos por desamortización como a acción legal para liberar bens que pertencen á Igrexa, á nobreza ou ao municipio, de maneira que estes son vendidos ou subastados. “Quedan declarados en venda desde agora tódolos bens raíces de calquera clase que pertencesen ás comunidades e corporacións relixiosas extinguidas”(DOC. 1). A desamortización forma parte de moitas das reformas utilizadas na reforma agraria liberal que tivo lugar no século XIX. Coa reforma agraria liberal pretendía mellorarse o Réxime de propiedade que existía ata ese momento.
Esta reforma tivo distintas consecuencias dependendo da zona de España na que nos atopemos. Na franxa sur predominaba o latifundio, cando as propiedades eran postas en venta, como a maioría dos campesiños tiñan poucos recursos as propiedades pequenas eran compradas por estes, o que fomentou máis aínda o latifundio. Porén, na parte norte do país isto non sucedeu.
En canto ás consecuencias económicas intentou sanear a fazenda pública, aumentou a produtividade agrícola así como os terreos cultivados. Esta medida afectou negativamente aos pobos, que sufriron un revés económico que afectou negativamente á súa economía de subsistencia posto que os prados antes utilizados para o pasto, agora estaban cultivados.
Con esta reforma pretendíase a instauración do réxime liberal e que así tanto os pequenos como os grandes compradores quedaran adeptos ao sístema, pero esto non se consegíu. Ao pasar estas terras a formar parte de particulares, deixaron de ser froito de recolecta de alimentos dos campesiños que en todo momento estiveran organizadas polas comunidades rurales.
En canto ao alcance dos bens desamortizados, estas formaban parte tanto de civís así como de institucións eclesiásticas. Calcúlase que se desamortizaron aproximadamente 10 millóns de hectáreas, un 20% do territorio nacional. Desamortizáronse bens hospitalarios, casas de misericordia, casas de reclusos, cofradías así como bens comúns como concellos.
O 19 de febreiro de 1836 comezaba o proceso desamortizador impulsado polo primeiro ministro Juan Álvarez Mendizábal. Cando Mendizábal chegou ao poder en 1835 tiña ante si o que consideraba dous problemas fundamentais, o precario estado das arcas públicas e a guerra civil contra os carlistas. Para remediar ambos problemas nunha soa xogada, ideou a desamortización, unha medida inxusta ?e fracasada? que pretendía poñer no mercado bens e terras mediante a expropiación forzosa, para vendelas mediante poxa pública. Mendizábal pretendía así financiar a recluta de 100.000 soldados e terminar coa guerra, á vez que renovaba o fluxo de caudal público e gañaba para a causa liberal un bo puñado de compradores agradecidos.
O que se coñece por bens de «mans mortas» eran aqueles patrimonios que procedían do Antigo Réxime e que se atopaban «amortizados», isto é, que non podían ser vendidos nin divididos. Pertencían a un título nobiliario ou eclesiástico, a unha vila, a un convento, a unha orde militar ou a un mayorazgo e en ocasións tiñan vinculado un determinado uso, a miúdo comunal. O seu titularidade podía transmitirse a quen correspondese en herdanza, pero debían permanecer íntegros. A desamortización parcial destes bens víñase producindo desde o século XVI por necesidades concretas dos monarcas. E gobernantes como Godoy e José I puxérona en práctica, o segundo como medida hostil ante o apoio do clero á resistencia.
Mendizábal non era un pioneiro pero si foi o impulsor definitivo desta medida, que con el se volveu irreversible. Coa finalidade de «diminuír a débeda pública», o primeiro ministro lexislou a base de «decretazos» (as súas medidas non pasaron polo Parlamento), a supresión de todas as ordes relixiosas que non tivesen como fin a beneficencia, á vez que expropiaba os seus bens e poñíaos en venda. Como medida social, o proceso non tivo efecto igualitario algún, pois o método de poxa dirixía os bens cara a unhas poucas mans, as que dispoñían de capital. Non se formou en España ningunha burguesía agraria, pois só a nobreza terratenente interesouse polas grandes puxas. A reforma acrecentou o latifundismo no sur e atomizou os minifundios do norte. Tampouco logrou o fluxo de capital desexado, pois o proceso de venda foi lento e o diñeiro chegou con contagotas. Ben é certo que se liberaron miles de hectáreas para a súa explotación, pero ao non vir acompañada dunha reforma agraria, as súas consecuencias foron limitadas.
O 1 de maio de 1855 o ministro de facenda Pascual Madoz, (DOC.3) tamén progresista e amigo de Mendizábal, sacou á luz a súa lei de Desamortización Xera. A desamortización de bens de propios e comúns prolongouse ata 1924.
O procedemento utilizado para as vendas foi moi semellante ó de Mendizábal, aínda que había dúas diferenzas claras. Unha referíase ó destino do diñeiro obtido: foi dedicado á industrialización do país e á expansión do ferrocarril. A outra diferenza estaba na propiedade de dito diñeiro: o Estado non era o propietario, senón os concellos. Aquel percibiría o importe das vendas en nome de estos e transformaríao no que hoxe podemos chamar Bonos do Estado. Neste proceso, a burguesía con diñeiro foi de novo a gran beneficiaria, aínda que a participación dos pequenos propietarios das vilas foi moito máis elevada que na anterior de Mendizábal.
El 2 de septembro de 1841 el recén nomeado rexente, el progresista Baldomero Espartero, (DOC.2) impuxo la desamortización de bens del clero secular. Esta lei durará escasamente tres anos e ao fundirse o partido progresista a lei foi derrogada.
En 1845, durante a Década Moderada, o Goberno intenta restablecer as relacions coa Igrexa, o que leva á firma do Concordato de 1851 e garantiza que a igrexa non se verá afectada por novas desamortizacións e se lle permite volver a acumular propiedades agrarias mediante compras e donacións.
O proceso de Desamortizacións non serviu para que as terras se repartiran entre os menos favorecidos, porque non se intentou facer ningunha reforma agraria, senón conseguir diñeiro para os plans do Estado, aínda que a medio e longo prazo si contribuíu a que aumentara o volume xeral do produto agrícola, ao traballar os novos propietarios terras que nunca foran labradas. Outras consecuencias da trascendencia histórica foron: no social, a aparición dun proletariado agrícola, e á conformación dunha burguesía terratenente; en canto á estrutura da propiedade, apenas variou a situación desequilibrada de predominio do latifundismo no centro e sur da península e o minifundio en extensas áreas do norte e noroeste. Ademais, a desamortización provoca unha perda e expolio dunha gran parte do patrimonio artístico español.